LIMITACIÓN DE LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
Real Decreto 956/2020, do 3 de novembro, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
- Durante o período comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
- Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de deberes laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
- Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS
- Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de seis persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DE PERSOAS
- Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados.
- Para limitacións de mobilidade consulte as apartado Restricións perimetrais
- As excepcións das limitacións de mobilidad contémplanse no número 3 do punto primeiro do Decreto 202/2020, do 3 de deciembre.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civís: cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.
- Lugares de culto: 50 % da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non convivientes.
- Enterros ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non convivientes.
- Bibliotecas, arquivos, museos: 50 % da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 6 persoas sexan ou non convivientes excluído o monitor ou guía.
- Cinemas, teatros e auditorios: Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 500 persoas nos espazos pechados e 1000 persoas nos espazos ao aire libre.
- Centros recreativos turísticos ou similares: 50 % do aforamento. As visitas de grupos serán dun máximo de seis persoas, sexan ou non convivientes .
- Centros cívicos e sociais:
- Límite capacidade total: 50 %
- Actividades socioculturais grupales: Máximo 6 persoas, sexan ou non convivientes, incluído ou monitor ou guía.
ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL
- Ao aire libre: o limite de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 100 participantes, excluídos os monitores.
- Cando estas actividades realícense en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 50 participantes, excluídos os monitores.
- As actividades deberán realizarse en grupos de ata 6 persoas participantes, sexan ou non convivientes, excluídos os monitores. Os grupos deberán traballar sen contacto entre eles.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN
- No interior : 40% do aforamento. Non está permitido o consumo na barra.
- Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50 % das mesas.
- A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas. Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO
- Só terrazas ao aire libre: 50 % do aforamento.
- A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
- Non está permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes da terraza.
- Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURÍSTICO E ALBERGUES
- Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
- Actividades de animación ou clases grupales: Máximo 6 persoas sexan ou non convivientes incluíndo os monitores .
COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE
- Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforamento 50% de capacidade.
- Centros e parques comerciais: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varias plantas: Límite do aforamento 50% de capacidade en cada unha delas.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 33 %.
- Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
- Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS
• Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 6 persoas de forma simultánea , sen contar o monitor. • Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 6 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.
CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO
- O público sempre debe permanecer sentado tanto nas instalacións deportivas como na vía pública.
- Límite de 500 persoas para lugares pechados e de 1000 se se trata de actividades ao aire libre.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA Ou FINANCIADA POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
MANTEMENTO DE HORTAS, VIDES E COIDADOS DE ANIMAIS
- Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides. ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.