Radar COVID

Que é Radar COVID?

Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).

Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.

Radar COVID ademais permite:

  • Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
  • Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto.

Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.

 

De onde podo descargar a app?

Dispoñible en Google PlayDispoñible en App Store 

Que fago se recibín unha alerta de exposición alta na app?

Se vostede ten cobertura sanitaria pública no Servizo Galego de Saúde (tarxeta sanitaria galega), presione na seguinte ligazón para abrir a aplicación de cita previa co seu médico de familia / pediatra:

Cita de Atención Primaria 

* No caso de non obter unha cita nas próximas 24 horas, chame ao 881 00 2021 para conseguila.

Se vostede é estranxeiro, non ten cobertura sanitaria pública (aseguramento privado) ou ten a tarxeta sanitaria doutra comunidade, chame ao 881 00 2021 para conseguir unha cita cun médico de familia / pediatra nas próximas 24 horas.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio