ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210930/2775/AnuncioC3K1-300921-1_gl.pdf
As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 2 de outubro de 2021
USO DA MÁSCARA
- A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou
máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público,
aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de
1,5 metros.
- Na vía pública e en espazos ao aire libre, e en ambos casos ,
cando a aglomeración de persoas impidan manter a
distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de
viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas .
- Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores,
comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que
estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o
seu uso.
- Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas
praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que
impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5
metros.
EXCEPCIÓNS:
- Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade
respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola
súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía
para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan
inviable a súa utilización.
- Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no
mesmo domicilio.
- No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza
nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de
seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.
- Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos
momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
- No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre,
exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que,
tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do
lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de
1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non
obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías
públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito
público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de
viandantes e polos que circulen de feito nese momento.
- Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou
artificial.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Lugares de culto: 75% da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 50 persoas sexan ou non
conviventes.
- Congresos, actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou
profesionais: 75% da capacidade autorizada do local sempre que o público permaneza sentado. Límite de 500
persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre.
- Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e
outros equipamentos culturais: 75% da súa capacidade máxima permitida.
Actividades culturais: 20 persoas sexan ou non conviventes excluído o
monitor ou guía.
- Cines, teatros, auditorios ou espazos similares: 75%
da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais
pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá
permanecer sentado. Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento que deberá ser custodiado durante o mes seguinte coa información de contacto.
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:
• Ao aire libre: Público sentado: 100 %
• Recinto pechado: Público sentado: 80 %
PRAIAS E PISCINAS
- Superficie da praia para cada usuario/a: tres metros cadrados.
- Piscinas ao aire libre e cubertas: 75% da capacidade
máxima
- Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso
de persoas que necesiten asistencia.
- Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
- Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que
dispoñen de cabinas e 50 % se non despoñen delas.
- Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se
produzan aglomeracións de persoas que impidan manter a distancia
de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
PARQUES ACUÁTICOS
- Aforo: 50% da capacidade máxima.
- Uso individual de flotadores ou outros elementos agás no caso de
menores ou persoas que necesiten asistencia
- Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso
de persoas que necesiten asistencia.
- Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
- Vestiarios e aseos: 100 % cabinas e 50 % non cabinas.
DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES
- Tantas prazas como dispoña o vehículo.
- Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de
persoas non conviventes.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
• Plan de hostalaría segura: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Novo-Plan-hostalaria-segura
• Nivel 1c (unha cunchiña)
◦ Interior :50% da capacidade máxima permitida. Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas
◦ Terrazas: 75% da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas
◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas.
◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros.
◦ Calidade do aire interior:
▪ Avaliación non continua (cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia).
• Nivel 2c (dúas cunchiñas):
◦ Interior :75% da capacidade máxima permitida. Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas
◦ Terrazas: 100% da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas
◦ Barra: Individual ou cun máximo de 2 conviventes ou mesma burbulla mantendo a distancia de seguridade 1,5 metros con outros usuarios.
◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas.
◦ Distancia de seguridade entre clientes dunha mesa e da contigua : 1,5 metros.
◦ Rexistro de clientes no caso de comidas e cenas.
◦ Calidade do aire interior:
▪ Avaliación continua
• Nivel Seguridade: Situación extraordinaria a decisión da Dirección Xeral de Saúde Pública
◦ Interior :30% da capacidade máxima permitida.Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas
◦ Terrazas: 50% da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas
◦ Horario do peche ao público: 23.00 horas
◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros
ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO
Plan de lecer nocturno de Galicia:
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Lecer-nocturno
• Obrigatorio o uso das máscaras.
• Distancia de seguridade: 1,5 metros entre mesas ou agrupación de mesas así como nas zonas de tránsito.
• Consumo nas terrazas sentado.
• Non se permite o consumo en barra.
• Zona de baile: 3 metros cadrados da pista por cada usuario
• Permítese o consumo de pé ( distancia interpersoal: 1,5 metros)
• Nivel 1c (unha cunchiña)
• Interior :50% da capacidade máxima permitida cun máximo de 2.000 persoas. Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
• Terrazas: 75% da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
• Horario do peche ao público: 3.00 horas.
• Rexistro de clientes.
• Calidade do aire interior:
▪ Avaliación non continua (polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia). Non superación 1.000 ppm de CO2
• Nivel 2c (dúas cunchiñas):
• Interior :75% da capacidade máxima permitida cun máximo de 2.000 persoas. Máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
• Terrazas: 100% da capacidade máxima permitida. Máximo 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
• Horario do peche ao público: 4.00 horas.
• Rexistro de clientes.
• Presentación dun certificado COVID dos clientes:
Pauta completa dunha vacina contra COVID-19
Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos ou
Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses (caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR).
• Calidade do aire interior:
▪ Avaliación continua. Non superación 1000 ppm de CO2
• Nivel Seguridade:
◦ Terrazas: 50% da capacidade máxima permitida. Consumo sentado
◦ Horario do peche ao público: 1.00 horas
◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros
HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS
- Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da
súa capacidade.
- Albergues turísticos: 100% cando se trate de grupo "burbulla" ou unidade familiar e 50% da capacidade no resto dos supostos.
ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU
PARQUES COMERCIAIS
- Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais:
Límite do 75% da súa capacidade total.
- O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa
vixente.
ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU
QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES
- Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:
Límite do 75% da súa capacidade total.
- O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa
vixente.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda
limitada ao 75 %.
- No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares:
Límite do aforo 75% de capacidade total en cada un deles.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto
para o tránsito entre os establecementos.
- Permitirase a utilización das zonas recreativas (zonas infantís , ludotecas ou áreas de descanso) respetando a capacidade permitida para as zonas comúns
MERCADOS AO AIRE LIBRE
- Mercados con menos de 250 postos autorizados: 100% dos postos
habituais ou autorizados.
- Mercados con máis de 250 postos autorizados: 75% dos postos habituais
ou autorizados.
CENTROS DE LECER INFANTIL
- Capacidade máxima 75%.
- Ratio dun monitor por cada dez participantes.
- Grupos dun máximo de dez nenos / nenas tanto no exterior como no interior.
ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES
E CAMPAMENTOS XUVENÍS.
- Ao aire libre: 70% da súa capacidade máxima cun máximo de 125
participantes excluído o persoal monitor.
- Espazos pechados:70% da súa capacidade máxima cun máximo de 50
participantes excluído o persoal monitor.
- Actividades en grupo: máximo 10 participantes, excluído o monitor.
- Albergues e campamentos xuvenís: 70% da súa capacidade máxima
- Campamentos: Tendas de campaña: 50% da súa capacidade máxima
ACTIVIDADE DEPORTIVA
Non federada:
- En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos
de ata dez persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor coa
utilización de máscara
- Instalacións deportivas cubertas: límite 75% da capacidade máxima
permitida.
- Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 75 %
- Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso
de persoas que necesiten asistencia.
- Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
- Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que
dispoñen de cabinas e 50 % se non despoñen delas.
Federada:
- Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego
aprobados.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS
DE FORMACIÓN
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo
presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 75%.
ACUARIOS , ESTABLECEMENTOS E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS ,BOTÁNICAS OU
XEOLÓXICAS .
- Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 75% de
ocupación.
FESTAS, VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES
- Poderán celebrase cando a incidencia acumulada ( IA) en Galicia a 7 e
14 dias sexa menos de 75 e 150 casos/100.000 habitantes
respectivamente.
ESPECTÁCULOS MUSICAIS ARTÍSTICOS
Ao aire libre con público de pé:
33% da superficie útil do recinto
Cada persoa: 3 metros cadrados
Límite máximo de asistentes: 5.000 persoas distribuidos en sectores de 500
Con público sentado:
75 % da capacidade permitida
ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- Espazos comúns de tránsito: unha persoa cada tres metros cadrados.
- Puntos diferenciados de entrada e saída.
- Non se permiten as piscinas de bolas.
- Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de
maneira obrigatoria (sempre que non se poida manter a distancia de
seguridade).
- Atraccións con asentos incorporados: 50% de asentos de cada fila
agás no caso de persoas conviventes.
- Atraccións sen asentos incorporados: 30% da capacidade máxima da
atracción.
- Atraccións inchables: 50 % da súa capacidade.
PARQUES DE ATRACCIÓNS E TEMÁTICOS, SALÓNS RECREATIVOS E PARQUES MULTIOCIO
- Capacidade máxima permitida: 50%.
- Grupos recoméndase non superar as 10 persoas, excepto no caso de
conviventes.
- Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de
maneira obrigatoria.
- Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que
dispoñen de cabinas e 50 % se non despoñen delas.
CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE
ANÁLOGA NATUREZA
- Capacidade máxima permitida: 75%.
- Actividades grupais: máximo de 10 persoas, sexan ou non conviventes,
excluído o monitor ou guía.
ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA
NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN
- Actividades turísticas ao aire libre: grupo ata 30 persoas sexan ou
non conviventes mais o monitor.
- No resto: 50% da súa capacidade e grupos de 10 persoas no interior e 30 persoas no exterior sexan ou non conviventes.
ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA
- Escolas oficiais de idiomas.
- Escolas de arte e superior de deseño.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
- Escola Superior de Arte Dramática.
- Conservatorios de música.
- Conservatorios de danza.
- Escolas de música.
- Escolas de danza.
- Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol;
centros autorizados de fútbol sala.
- Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
- Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo
que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que
limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
- Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.