Nivel de Restrición Media Baixa

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA CONCELLOS CON INCIDENCIA ACUMULADA A 14 DÍAS INFERIOR A 150 CASOS POR CADA CEN MIL HABITANTES

DECRETO 54/2021, do 7 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210407/2608/AnuncioC3B0-070421-1_gl.pdf

ORDE do 7 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210407/2608/AnuncioC3K1-070421-3_gl.pdf

A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 10 de abril de 2021​

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/04/pdfs/BOE-A-2020-13494.pdf

Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

• Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

• Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

• Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

• Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

• Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.

• Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

• Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

• Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

• Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210407/2608/AnuncioC3B0-070421-1_gl.pdf

• Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes .

• No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos.

• As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo.

LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Perimetrais

• As excepcións contémplanse no punto 3 do Apartado Segundo do Decreto 45/2021 do mércores 17 de marzo.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.

• Actos e runión laborais, institucionais, académicos ou profesioanais: 50% da capacidad autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 50% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 300 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

• Actividades turísticas, centros e puntos de información:

Grupos de ata 8 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor.

Centros de información, casetas e puntos de información: 50% da súa capacidade

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

• Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.

• Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 21:00 horas.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS

• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos  turísticos: 50% da súa  capacidade.

• Albergues turísticos: 30 % da súa capacidade

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais:  Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie.

• Peche ás 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:  Límite do aforo 50% da súa capacidade total.

• Peche ás 21:30 horas.

• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.

• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo   50% de capacidade total en cada un deles.

• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.

• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL

• Capacidade máxima 50%. e un ratio dun monitor por cada 10 participantes

• Grupos dun máximo de seis nenos / nenas no exterior e de catro no interior.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre  en grupos de ata seis  persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.

• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada:

• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 50%.

ACUARIOS, ESTABLECEMENTOS  E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS, BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS

• Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 30% de ocupación​.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

• Peche das actividades.

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCUMUNITARIOS, CLUBES DE XUBILADOS E CENTROS DE NATUREZA ANÁLOGA

• Capacidade máxima permitida: 30%.

• Actividades grupais: máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS

• Peche das actividades.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA

• Escolas oficiais de idiomas.

• Escolas de arte e superior de deseño.

• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

• Escola Superior de Arte Dramática.

• Conservatorios de música.

• Conservatorios de danza.

• Escolas de música.

• Escolas de danza.

• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.

• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos:

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multilecer.

III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

• Serán de aplicación as medidas establecidas para Hostelería e Restauración.

​​​​​​​​​​​​​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio