Nivel de Restrición Media

ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 28 de maio de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210610/2668/AnuncioC3K1-100621-17_gl.pdf

As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 12 de xuño de 2021.​

RECOMENDACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

• Recomendación de que os grupos de persoas non superen as seis persoas en espazos pechados e as quince persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes .

• Entre a 01.00 horas e as 6.00 horas tanto en espazos públicos pechados e abertos como en espazos privados, recomendación persoas conviventes.

USO DA MÁSCARA

• A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos, tanto na vía pública, espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

• Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.

• Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas… así como nos vestiarios.

EXCEPCIÓNS:

• Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

• Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

• No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

• Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

• No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 75% da capacidade autorizada do local. Límite de 150 persoas en locais pechados e 300 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 10 persoas no interior e 20 no exterior sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Competicións deportivas, cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

PRAIAS E PISCINAS

• Superficie da praia para cada usuario: 4 metros cadrados.

• Grupos: Máximo quince persoas non conviventes.

• Persoas conviventes: Sen límite máximo

• Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos.

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

• Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.

• Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

No interior: Limitación ao 30% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de Hostelaría segura.

• Non se pode admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

•​ Permítese a recollido no local para consumo no domicilio ata as 1.00 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 1:00 horas.

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.

• Albergues turísticos: 30 % da súa capacidade agás grupos "burbulla" ou unidade familiar.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais:  Límite do  75% da súa capacidade total.

• O horario de peche será o que  que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:  Límite do 75% da súa capacidade total.

•​ O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.​

• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 50 %.

• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do 75% de capacidade total en cada un deles.

• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.

• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 250 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 250 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL

• Capacidade máxima 30%.

• Grupos  dun máximo de quince nenos / nenas no exterior e de seis no interior.

• Só se permitirá o uso de inchables no exterior

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS.

• Ao aire libre: 70% da súa capacidade máxima cun máximo de 125 participantes excluído o persoal monitor.

• Espazos pechados:70% da súa capacidade máxima cun máximo de 50 participantes excluído o persoal monitor.

• Actividades en grupo: máximo 10 participantes, excluído o monitor.

• Albergues e campamentos xuvenís: 70% da súa capacidade máxima

• Campamentos: Tendas de campaña: 50% da súa capacidade máxima

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre recoméndase grupos de ata quince persoas, sexan ou non conviventes sen contar, de ser o caso o monitor.

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor coa utilización de máscara​

• Instalacións deportivas cubertas: límite 30% da capacidade máxima permitida.​

• Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 30 %

Federada:

• Axustarase os correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 50%.

ACUARIOS, ESTABLECEMENTOS  E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS, BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS

• Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 30% de ocupación​.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

• Actividades turísticas ao aire libre: grupo ata 20 persoas sexan ou non conviventes  mais o monitor.

• No resto: 50% da súa capacidade e grupos de  10 persoas no interior e 20 no exterior sexan ou non conviventes.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES

• Peche das actividades.

ATRACCIÓNS DE FEIRAS

• Espazos comúns de tránsito: unha persoa cada tres metros cadrados.

• Puntos diferenciados de entrada e saída.

• Non se permiten as piscinas de bolas.

• Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria

• Atraccións con asentos incorporados:  50% de asentos de cada fila agás no caso de persoas conviventes.

• Atraccións sen asentos incorporados:  30% de asentos da capacidade máxima da atracción.

• Atraccións inchables: 30% da súa capacidade.

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA

• Capacidade máxima permitida: 50%.

• Actividades grupais: máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS

• Peche das actividades.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA

• Escolas oficiais de idiomas.

• Escolas de arte e superior de deseño.

• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

• Escola Superior de Arte Dramática.

• Conservatorios de música.

• Conservatorios de danza.

• Escolas de música.

• Escolas de danza.

• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala

• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos:

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multiocio.

III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio