Diabete

Diabete

Guía de actuación para persoas con Diabete Mellitus tipo I e II​

Manteña as recomendacións para previr o contaxio polo virus COVID-19 https://coronavirus.sergas.gal/

• Continúe realizando o réxime dietético recomendado e tomando a medicación prescrita polo seu médico.

• Non siga consellos das redes sociais que non estean suficientemente contrastados ou consultados co seu médico.

• A actividade física é fundamental. Realice a actividade física suxerida recomendada segundo as súas condicións individuais.

• Ante calquera complicación, contacte co seu centro sanitario de referencia e no caso de emerxencia co 061.

• Siga co seu tratamento salvo indicación do seu medico.

• Continúe facendo na casa os controis de glucosa e acetona recomendados.

• Teña sempre a man o teléfono de contacto para consultar co seu médico.

• Comprobe que ten todo o material necesario para manexar a súa diabete para un tempo aproximado dunhas tres semanas. Se precisa algo póñase en contacto co seu centro sanitario e evite desprazamentos innecesarios.

• Se está en tratamento con insulina,asegúrese que coñece  como modificar a pauta no caso de que o precise, se non é así contacte co seu médico. Non espere a sentirse mal.

• Siga os consellos de coidados do pe, para previr o pe diabético; a hixiene, o coidado das uñas, e o calzado entre outros.

• Os pais ou coidadores de nenos e adolescentes con diabete tipo 1, estarán especialmente vixilantes ante calquera sintomatoloxía de malestar como vómitos e diarrea.

• A hidratación é especialmente importante. Inxira líquidos segundo as recomendacións do seu equipo sanitario sobre as bebidas que pode tomar xunto co tratamento. Se ten dúbidas chámeos.

Recorde:

• Pode consultar o seu plan de dispensación na plataforma é-saúde , se vostede a ten activada.

• As farmacias poden facer entrega de medicamentos e produtos sanitarios a domicilio se é preciso.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde