Declaracion responsable por desplazamento

As persoas que desexen desprazarse para completar o illamento ou corentena noutra localidade diferente á que se atopen no momento de ser identificadas como casos de COVID-19 ou como contactos estreitos, permitiráselles este desprazamento para a finalización do illamento ou da corentena a condición de que:

- o aloxamento previsto garanta as condicións necesarias para realizar o illamento ou a corentena, 

- o desprazamento se realice nun medio de transporte privado (non se autorizará o desprazamento en transporte colectivo),

- se poida garantir o cumprimento de todas as medidas de prevención establecidas para o manexo de casos e de contactos durante o traxecto, e

- se informase e autorizase o desprazamento polas autoridades de saúde pública implicadas.


Para iso, a persoa illada/corentenada ou a persoa responsable da mesma asinará unha declaración responsable que debe descargar desta mesma páxina, cubrir e enviar á dirección de correo electrónico: ​incidencias.CSC@sergas.es

Debe terse en conta que este desprazamento non poderá realizarse ata ter a autorización da autoridade sanitaria, a cal se trasladará respondendo ao correo electrónico remitido pola persoa solicitante nun prazo de tempo inferior ás 72h posteriores á recepción do mesmo. A ausencia de resposta deberá entenderse, en todos os casos, como unha negativa á autorización do traslado.​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio