Autotest positivo

Autotest positivo

Para notificar un RESULTADO POSITIVO NUN AUTOTEST, deberá facelo desde a aplicación móbil SERGAS MÓBIL (mais información aquí) ou chamando ao teléfono 881 54 00 45.


Estes datos só debe notificalos a persoa que obtivo un resultado POSITIVO nun autotest. Teña en conta que este procedemento NON sirve para notificar resultados negativos NIN contactos estreitos.


PROCESO DE REXISTRO DUN POSITIVO NA APP SERGAS MÓBIL:


1.- Entrar na opción Aplicacións da app Sergas Móbil

1.png

 

2.- Dentro de aplicacións, escoller a Declaración de resultado positivo en autotest de antíxenos COVID-19
 
2.png



3.- Verificar que temos seleccionada á persoa para a que queremos declarar un positivo de autotest COVID (na parte superior da pantalla; no exemplo, imos a declarar un positivo para unha persoa chamada IOS-APPS FICTICIO PRUEBAS) e cubrir o formulario de rexistro confirmando o rexistro co botón Enviar.

3.png

 

* PARA ENGADIR UNHA NOVA PERSOA EN SERGAS MÓBIL:


- Na pantalla principal da app, premer o botón do menú principal

31.png



- Na nova pantalla que se desprega hai que tocar o botón Xestión de pacientes

32.png



- Na lista de pacientes que temos cargada na app, para engadir unha persoa mais deberemos tocar o botón da esquina inferior dereita da pantalla identificado cun símbolo +

33.png 




Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde